miércoles, 26 de noviembre de 2014

Grupos e calendario XI Trimaraton


Maña comeza a XI edición do trimaraton, once equipos disputaran o torneo. Debido a alta participación maña a maña tentaremos de ampliar o horario de finalización e así aumentar os minutos de xogo. Por elo deixámosvos o enlace a composición dos grupos e os dous horarios provisionais. Sorte a tódolos equipos. 

Podedes comprobar os grupos e os horarios na sección calendarios.

lunes, 24 de noviembre de 2014

XI TRIMARATON

Xa esta aquí a XI edición do TRIMARATON. Os próximos 27 e 28 de novembro terá lugar no pavillón universitario.

Animámosvos a participar nun evento diferente no cal o deporte mixto e o baloncesto, balonmán e o futsal son os protagonistas. Desfruta dunha xornada deportiva especial.

domingo, 8 de diciembre de 2013

X Trimaraton


#lendiñafutsal: O X Trimaratón rematou e xa agardamos por unha nova edición. Nesta ocasión Mangudais logrou levarse o torneo impoñendose na final o Ruliños Club.

O torneo disputouse cun gran ambiente e os participantes desfrutaron dunha xornada de convivencia co deporte como nexo de unión.

Queremos agradecer a todos/as os participantes a súa presenza e agardámosvos o ano que ven.

miércoles, 4 de diciembre de 2013

Horarios X Trimaraton

#lendiñafutsal: Este ano 9 equipos disputaranse a X edición do Trimaraton:

1.- Pungamana
2.- Publipower
3.- Ruliños Club
4.- Aston Birras
5.- Mungudais
6.- Quinito´s Club
7.- Trixestas
8.- Mambo United
9.- 5mpromiso

Esta noite 5mpromiso e Aston Birras abriran o torneo que se disputará o longo da noite. Xa podes consultar os horarios no apartado CALENDARIO do blog.

Desexamosvos que desfrutedes dunha xornada deportiva e de compañerismo.

jueves, 28 de noviembre de 2013

Novas Datas Trimaratón

#lendiñafutsal: Xa temos datas definitivas da X edición do Trimaraton.

O próximo mercores 4 de decembro as 22:15 horas comezará de novo o torneo, e finalizará o día 5 as 09:00 de maña.

A inscrición cerrará o próximo martes día 3, as 15:00 horas e o sorteo celebrárase o mesmo martes as 20:30 horas no Pavillón Universitario.

¡VIVE O DEPORTE DUN XEITO DIFERENTE!

martes, 19 de noviembre de 2013

APRAZAMENTO X TRIMARATON

#lendiñafutsal: Por motivos de disponibilidade horaria no pavillón univeristario, vemonos na obriga de aprazar o trimaraton

 O aprazamento durara ata a próxima semana ou a seguinte, unha vez teñamos resolto o problema e poidamos dar cabida a todolos equipos apuntados cunha organización acorde o evento.

En próximas datas iremosvos informando e ademáis queda aberto o prazo de inscripción ata que saibamos as novas datas.

Pedimos desculpas dende a organización por este contratempo inesperado.

Un saudo.

martes, 12 de noviembre de 2013

X Edición do Trimaraton

#lendiñafutsal: Xa esta aquí a décima edición do Trimaratón.

Os vindeiros 20 e 21 de novembro terá lugar no Pavillón Universitario unha nova xornada deportiva de convivencia onde o Futsal, o Balonmán e o Baloncesto serán os deportes a disputar.

A inscrición está aberta ata o próximo 19 de novembro. Aproveita a túa oportunidade de desfrutar dunha gran xornada deportiva.